Guía contra os prexuízos

“As persoas con enfermidade mental son violentas”, “non poden traballar”, “non se recuperarán nunca”, “consumen drogas”, “a min non me pode pasar”… 

No marco da campaña #EuTeño, FEAFES Galicia editou unha guía informativa que tenta amosar como os prexuízos relacionados coas persoas con problemas de saúde mental se asentan sobre ideas falsas ou preconcebidas. Nesta guía poderás atopar datos e feitos obxectivos que contrastan con algunhas das crenzas máis estendidas, ademáis de recursos didácticos e outros materiais para ampliar e traballar sobre estes temas.

A guía empregarase como material informativo e de sensibilización en charlas, xornadas, presentacións ou eventos de diversa índole.

Consulta ou descarga aquí a guía “Desmontando prexuízos sobre saúde mental”E se queres solicitar un exemplar, escríbenos a comunicacion@feafesgalicia.org.